Asamblea Extraordinaria de socios

Cargando mapa....

Fecha/Hora
Date(s) - 19/03/2017
11:30 - 14:00

Ubicación
Centro Dotacional do medio rural Torroso

Categorías No Categorías


O vindeiro domingo día 19 de marzo celébrase no Centro Recreativo e Cultural de Torroso a ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DE SOCIOS ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 horas en segunda convocatoria.

A orde do día será a seguinte:

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  • Estado de contas.
  • Escola de Música.
  • Conservatorio Profesional de música.
  • Informe das xestións realizadas.
  • Dimisión da actual Xunta Directiva e formación da nova directiva.
  • Rogos e preguntas

 

Como marcan os estatutos da Asociación, remata o mandato da actual Xunta Directiva polo que se abre prazo para presentación de novas candidaturas ata o 17 de marzo. Toda aquela persoa que desexe presentar a súa candidatura deberá facelo por escrito na oficina do Centro aberta luns, mércores e venres de 9:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 e martes e xoves de 15:00 a 21:00 horas.