A Escola

Situada no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso, a Escola de Música de Mos, é unha entidade sen ánimo de lucro, foi creada no seo do Centro Recreativo e Cultural de Torroso no ano 2003. Está recoñecida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia como escola oficial. Nela impártense os catro cursos de Grao Elemental que comprenden materias de linguaxe musical, educación auditiva e vogal e as clases correspondentes a cada instrumento.

A Escola de Música de Mos ten un valor importante, xa que actúa como canteira de novos valores para pasar a formar parte da Banda de Música Xuvenil de Torroso e da Banda Orquestra Sinfónica da Escola de Música de Mos (BOSEMM).

Unha das formación que nace cós alumnos máis pequenos da Escola é o Coro da Escola de Música de Mos.

Na actualidade ofrecemos formación musical a máis de 300 alumnos con idades comprendidas entre o 4 e os 65 anos. Cada curso é máis o alumnado que acode a nosa Escola como referente da comarca.

A Escola de Música conta cun cadro de persoal de 20 mestres/as, todos eles cualificados nas materias que imparten e grandes profesionais que fan posible a calidade e o nivel de excelencia que alcanza a Escola de Música de Mos.

Cada curso escolar, a Escola realiza festivais, audicións e certames, tanto para os pais, nais e titores dos alumnos como para todos os veciños de Mos. Destes actos cabe destacar:

  • Festival de Santa Icía (Patroa dos músicos): actuación dos alumnos en pequenos grupos e actuación da Banda de Música Xuvenil de Torroso.
  • Festival de Nadal: actuación dos alumnos de linguaxe musical interpretando temas propios do Nadal cós instrumentos e actuación do Coro da Escola de Música de Mos.
  • Celebración das letras galegas: actuación dos alumnos da Escola.
  • Festival de fin de curso: actuación de tódolos alumnos tanto de linguaxe musical como de danza. Neste festival faise unha exhibición de todo o aprendido durante o curso. Cabe destacar a importancia deste festival ó que cada ano acoden centos de persoas.