Curso 2017-2018

A Escola de Música e Danza de Mos está recoñecida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia como Escola oficial dende o ano 2003.

A Escola de Música de Mos conta con dúas modalidades:

– Modalidade oficial: impártense as materias de linguaxe musical, educación auditiva, instrumento e instrumento colectivo (se fose posible).

– Modalidade libre: o alumno pode elixir as materias nas que se quere matricular. Nesta modalidade impártense as materias de linguaxe musical, instrumento e instrumento colectivo (se fose posible).

– Adultos: destinado para o alumnado con máis idade que quere iniciarse no mundo musical.