Banda Infantil da Escola de Música de Mos

A Banda Orquestra Sinfónica da Escola de Música de Mos, está formada por nenos e nenas de idades que abranguen entre 8 e os 18 anos. Xorde case ao mesmo tempo que a Escola de Música.

Está integrada por alumnos da Escola de música que prepáranse para nun futuro formar parte de Banda de Música Xuvenil de Torroso.

Existe unha ampla variedade de instrumentos: corda fretada, vento madeira, vento metal e percusión.

O seu director é Moisés Lorenzo Alonso.

Algunhas das actuacións máis destacadas foron o “concerto didáctico 2009” e a participación na entrega de medallas de ouro de Mos. Ademais teñen participado en varios certames de bandas infantís como Salvaterra, Guláns, etc…

O seu repertorio é amplo e variado, dende arranxos de obras sinfónicas, bandas sonoras, bailables…

Os ensaios da Banda infantil son os sábados pola mañá.