Grupo de Baile Ruada de Torroso

Foi a primeria actividade que se impartiu no Centro Recreativo Cultural de Torroso xunto coa de gaita. As primeiras actuacións foron levadas a cabo por Maruja Méndez, que por aquel entonces era a mestra de baile.

No ano 1989 foron Rafa e Mª José, membros do coñecido grupo “Xalgarete” de Vigo, os que continuaron coas clases de baile tradicional. Con estes mestres, que estiveron aproximadamente 15 anos, o grupo Ruada acadou premios importantes. Cabe destacar o concurso que organizou o grupo “Xacarandaina” en A Coruña no que o grupo ficou nos primeiros postos.

O grupo Ruada fixo moitas actuacións importantes por toda Galicia e no norte e centro de Portugal, salientando tamén en Busot (Alacante) no ano 1988, en Francia,…

Cabe destacar os traballos de recollida de danzas e cantos tradicionais levados a cabo por estes mestres. Así como a investigación sobre o traxe tradicional galego.

Actualmente é Aurora Filgueira a mestra encargada de levar o grupo. Auraro tamén emprega como método de traballo a recollida de pezas tradicionais cantadas e bailadas por distintas zonas da comarca.