Iniciación á Linguaxe Musical

Dende os 4 anos de idade os nen@s poden iniciarse na nosa Escola de Música.

A Escola de Música de Mos conta cunha formación para nen@s de 4 a 7 anos á que chamamos PASIÑOS. Esta etapa dura 4 cursos nos que aprenden as primeiras notas, figuras e empezan a educar o oído e traballar o ritmo, as alturas dos sons, ..

Durante este ano 2021/2022 os horarios son os seguintes:

PASIÑOS 1 : Luns e xoves de 16:00 a 17:00 horas.

PASIÑOS 2 : Luns e xoves de 17:00 a 18:00 horas.

PASIÑOS 3 : Luns e xoves de 18:00 a 19:00 horas ou martes e venres de 16:00 a 17:00 horas.

PASIÑOS 4 : Luns e xoves de 19:00 a 20:00 horas ou martes e venres de 17:00 a 18:00 horas.