The Turre’s Band

The Turre´s Band é un experimento sociolóxico sen precedentes que se deu polo ano 2001 cando 12 dos mellores músicos de tódolos tempos, hartos da monotonía existente na música do momento decidiron innovar e dar un paso mais. Moitos chamaronlles locos, moitos dixeronles que non serían nada… Pero co paso do tempo esas bocas deixaron de dicir tonterias, ainda que seguían abertas…da impresión que causaba a mistura espectacular que facia este grupo de vento e percusión.

10177949_10152418036662658_674652472964924081_n


Xa quedaron atrás moitas duras batallas con públicos peleóns e que non paraban de saltar e bailar ante coa súa música. Entre elos, grandes salas de concertos coma Tubulart e Liceum en Porriño, sala D’Antón en a Laracha, sala Dzine en San Sadurniño,sala Breogain en Vigo, sala 600 de Melide, sala clavichembalo de Lugo e grandes festivais, como Reperkusión 2006, festival Rebumbio, festival A’sacho, gandarós 2007, terra brava del Incio 2007,festixeve 2007, Festival intercultural de Calaf (cataluña) 2007,festival son dos ventos de Melón (Orense), festival de titeres de Redondela 2005/06/07/08/09,Festival de Cine de Ourense 2008, Festival de cine de Cans (Porriño) 2007, festival de música na rúa el Espinar/ Segovia 2008, Festival do muiño 2008/09 en Pontecaldelas (Pontevedra) … Tamén tocaron en grandes festas como as festas do Cristo de Porriño,festa das flores de Vigo e Pontevedra, festas de San Froilán de Lugo, festas de María Pita de A Coruña, festas de Santiago Apostol en Santiago de Compostela…..

Unha música que non coñece fronteiras, nin de sexos, nin de idades… A súa música vai dende o mais suave e tranquilo swing, con certos toques de blues, e chega a alegría e desenfreno dos ritmos ská e de música balkánika, sen olvidarse dun dos inventos mais importantes dos últimos anos, a MUIÑEIRA-SKA. Un extrano pero singular hibrido entre unha muiñeira tradicional galega e o desenfreno da musica ská, unha mistura que no momento que é escoitado polo público , este sinte a impetuosa obligación de movelos pes ó seu ritmo.