A Rondalla de Torroso acompañounos nas nosas festas de Nadal dende o ano 1970 , antes de que existise o Centro Cultural como tal, e durou ata o 2007.
Dende este último ano, sufriuse un parón na actividade rondalleira ata o 2017.
Xa vai ser o cuarto ano que volven con forza e con moita ilusión.
Está formada por veciños de Torroso e de outras parroquias do concello de Mos. Tamén de alumnos e alumnas da escola de música e do conservatorio.
A pesar que teñen periodo de tempo tan curto dende a súa refundación, convertiuse na rondalla que máis compoñentes tivo en tempo record, xa contando con 86 persoas no primeiro ano, e 120 no segundo.
Na actualidade, todos eles forman unha gran agrupación de 115 compoñentes, de entre eles:
- Director: Iván Rey Grandal
- Capitán de Rondalla: Juan Bande Rodríguez
- Capitana de Abandeirados: Ángela Silva Alonso
No terceiro ano de existencia, a Rondalla do CRC de Torroso inaugura o seu palmarés cun 4º PREMIO no III Concurso de Rondallas, apoiado pola Xunta de Galicia, sendo agradecido pola totalidade de rondalleiros e colaboradores.
Deste xeito, a Rondalla do CRC segue e seguirá traballando por e para todos os veciños.