RONDALLA CRC TORROSO

A Rondalla  de Torroso acompañounos nas nosas festas de Nadal dende o ano 1970 , antes de que existise o Centro Cultural como tal, e durou ata o 2007.

Dende este último ano, sufriuse un parón na actividade rondalleira ata o 2017.

Xa vai ser o cuarto ano que volven con forza e con moita ilusión.

Está formada por veciños de Torroso e de outras parroquias do concello de Mos. Tamén de alumnos e alumnas da escola de música e do conservatorio.

A pesar que teñen periodo de tempo tan curto dende a súa refundación, convertiuse  na rondalla que máis compoñentes tivo en tempo record, xa contando con 86 persoas no primeiro ano, e 120 no segundo.

Na actualidade, todos eles forman unha gran agrupación de 120 compoñentes, de entre eles:

  • Director: Iván Rey Grandal
  • Capitáns da Rondalla: Camilo Grandal e Justo Ramírez
  • Capitana de Abandeirados: Ángela Silva Alonso

 

No terceiro ano de existencia, a Rondalla do CRC de Torroso inaugura o seu palmarés cun 4º PREMIO no III Concurso de Rondallas, apoiado pola Xunta de Galicia, sendo agradecido pola totalidade de rondalleiros e colaboradores.

Deste xeito, a Rondalla do CRC segue e seguirá traballando por e para todos os veciños.

 

https://www.youtube.com/watch?v=BEeZOoQ4KSE