Nós

A comezos do ano 1975, os veciños de Torroso movidos polas ganas de iniciar unha gran labor cultural para a parroquia e os seus arredores, comezaron a facer reunións no local social de San Mamede para así crear o noso C.R.C. de Torroso, O cal inicia a súa actividade cultural o 9 de marzo de 1975.

O noso Centro Cultural está inscrito no Rexistro Provincial de Asociacións co número 1320 e no rexistro municipal co número 3.

Xunto coa creación do noso centro se crea o grupo de baile Ruada de Torroso e o grupo de gaitas Ruada de Torroso. Posteriormente, no ano 1995, crease o grupo de pandereteiras Sobreira de Torroso.

No ano seguinte a súa creación, comezan as clases de linguaxe musical e, no ano 1987, preséntanse ó público a nosa Banda de Música, e a raíz de esta se creará moitos anos máis tarde a Escola de Música de Mos, de onde nacerá a BOSEMM a cal sostenta a nosa Banda preparando a canteira.

Ademais sempre se impartiron cursos moi variados para todos os públicos como baile de salón, cursos de cociña, informática, inglés…

Non podemos esquecer na nosa historia a nosa Rondalla, nin as nosas carrozas de Nadal, nin os nosos campeonatos de fútbol sala. Entrada