O Centro

O Centro Recreativo e Cultural de Torroso, foi fundado no ano 1985, por veciños desta parroquia.

Caracterizóuse por poñer en valor a cultura   e a música. Dende a súa fundación ata estes días son numerosos os alumnos que pasaron por este Centro Cultural; moitos deles están nestes intres, vinculados na súa vida diaria, ás actividades que se desenrolan no Centro Cultural.

O Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso, localizado no centro da parroquia, é un edificio de estética contemporánea merecedor do premio de arquitectura GranDeArea concedido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no 2014.

Torroso1

As súas instalacións constan dun magnífico auditorio con capacidade para 310 persoas, aulas de ensaio insonorizadas con taboleiros dixitais, vestiarios, biblioteca e cafetería (aberta de 10:00 a 24:00).

Auditorio1

Ademais, posúe un amplo aparcamento, pistas deportivas, carballeira e un parque infantil.