Linguaxe Musical

Nesta Escola impártense os catro cursos correspondentes ao Grao Elemental.

Para poder interpretar unha peza musical é necesario saber linguaxe musical polo que esta materia convértese en imprescindible na nosa Escola. Dende os 8 anos de idade os nen@s poden aprender e mellorar a súa linguaxe musical. O noso alumnado conta con 4 cursos nos que estudan esta materia, ademais, a Escola conta con un curso de preparación para a proba de acceso ó Grao Medio.

Os horarios para este curso 2022/2023 son os seguintes:

– 1º curso: Luns e mércores de 16:00 a 17:00 horas ou martes e venres de 18:00 a 19:00 horas.

– 2º curso: Luns e mércores de 17:00 a 18:00 horas ou martes e venres de 19:00 a 20:00 horas.

– 3º curso: Luns e mércores de 18:00 a 19:00 ou martes e venres de 16:00 a 17:00 horas.

– 4º curso: Luns e mércores de 19:00 a 20:00  ou martes e venres de 17:00 a 18:00 horas.

– curso preparatorio pase de grao: luns e mércores de 20:00 a 21:00 horas.