Grupo de Pandereteiras Sobreira de Torroso

No ano 1995, ó Centro Recreativo de Torroso, por iniciativa dun grupo de xóvenes pertencentes o grupo de baile Ruada de Torroso, baixo a dirección de Ana Belen Campo Areal, deciden crear na parroquia un grupo de Cantareiras-Pandereteiras, o que bautizan co nome de Sobreira.

Anos mais tarde dito grupo é dirixido por María Xosé Martínez, profesora de baile neses momentos ata que no ano 2002 pasa a dirixilo a que é a actual profesora, Aurora Filgueira.

O grupo Sobreira componse de 12 membros de diferentes idades. Deste grupo cabe destacar as seguintes actuacións:
– Participación no Concurso de Cantareiras celebrado no auditorio da Universidade de Vigo no ano 1996.
– Gana o 2° premio do concurso realizado polo grupo Rosalía de Castro en Padrón no ano 1997.
– Participa no concurso realizado no cine Salesianos de Vigo.

A participación nun sinfín de concursos por toda a xeografía galega, lévaos a organizar o 1° Concurso de Cantareiras do Concello de Mos no ano 1999, na discote Salsa Costas en Sanguiñeda – Mos.

Actualmente, teñen percorrido a xeografía galega e parte da portuguesa en compaña do Grupo de Baile Ruada.

Levan asistido a numerosas romarías populares da comarca incrementando así novos coñecementos culturais e tradiccionais no seu repertorio.