Coro

Xorde a partires das clases de Educación Vogal e Auditiva, impartidas para o alumnado de L.o.g.s.e.. Actualmente está formado por mais de 20 compoñentes seleccionados a partires dunhas probas que se fan a comenzo de curso e ás que poden presentarse tod@s aqueles alumn@s que teñan entre 8 e 18 anos. Como condición indispensable é necesario estar matriculad@ na Escola de Música, na materia de linguaxe musical, xa que é imprescindible saber ler música con desenvoltura.

A súa directora é Inés Lorenzo Estévez (profesora de linguaxe musical e mestra de educación musical en primaria e secundaria).

O repertorio é variado, dende cancións sinxelas ata obras cunha certa dificultade. O coro ten participado conxuntamente coa Banda de Música de Mos en varios concertos.

Os ensaios do coro son os venres de 20:00 a 21:00 horas.