Todas las entradas de: CENTRO RECREATIVO E CULTURAL DE TORROSO

O comezo do curso 2020/2021 será o mércores día 16 de setembro.

Dende o CRC de Torroso queremos informar das medidas de protección que se están implantando nas nosas instalacións con motivo da alerta sanitaria da COVID-19.
– Dispensadores automáticos.
– Alfombras desinfectantes con zona de secado.
– Mesas individuais para o alumnado.
– Sinalización de entradas e saídas.
– Produtos de desinfección en todas as aulas.
– Equipos de ventilación.
– Mamparas de protección nas aulas onde se imparte clase con instrumentos de vento.
– Contedores con tapa para todas as aulas.
– Carteis informativos.
– Contratación de persoal para axudar na organización das entradas e saídas.

A Escola de Música de Mos e o Conservatorio Profesional de música inaugurará este curso 2020-21 o vindeiro mércores 16 de setembro contando con todas as medidas de protección. Destacar que o centro conta cun protocolo de actuación no caso de detección dalgún caso positivo ou sospeitoso, seguindo as instrucións da Xunta de Galicia para centros de ensino, o que suporá unha pronta intervención.
Durante este fin de semana un gran equipo humano estivo limpando e desinfectando o Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso polo que, dende aquí, queremos agradecer todo o esforzo realizado.

SOLICITUDE DE PRAZA 2020-2021

Aberto o prazo de solicitude de praza para o curso 2020-2021 na Escola de música de Mos a partires do luns 11 de maio para o novo alumnado.

Debido as circunstancias que estamos a vivir, este ano o procedemento preferiblemente será a través do teléfono en horario de oficina de 10:00 a 13:15 h e de 16:00 a 21:00 h.

Teléfono oficina: 986 338 325  Teléfono móbil: 621 226 680.

Rogamos que si teñen algunha dúbida, problema, … tamén poden poñerse en contacto coa dirección do Centro a través do email: info@crctorroso.com