Todas las entradas de: admin

FESTIVAL “LETRAS GALEGAS”

O C.R.C. de Torroso, está a preparar un festival no que participarán o Grupo de Gaitas e Baile “Ruada de Torroso”  e o Grupo de pandereteiras  “Sobreira de Torroso”. Contaremos tamén coa actuación do coro da Escola de música “Setestrelo”

CONCERTO “CORO APÓSTOL SANTIAGO”

Dirixido polo maestro Lituano Rimas Zdanavicius, conta con numerosos premios e reconocementos nos seus 25 anos de historia. O seu repertorio ofrece unha gran variedad de obras en diferentes idiomas e estilos. O acceso ó auditorio será de balde.

Si che gusta o mundo das corais, non te perdas este evento!!

 

HEI CANTAR COA VOSA BANDA

Concerto da Banda Xuvenil de Torroso, cos artistas invitados ROSA CEDRÓN, PACO LODEIRO , MIGUEL LADRÓN DE GUEVARA.

Interpretaran obras tradicionais galegas, e boleros clásicos con algúns arranxos do repertorio dos TAMARA.

O acceso o auditorio será de balde ata completar aforo.

CRIANZA RESPETUOSA Y FELIZ….(MIRIAN TIRADO)

Charla-coloquio ca periodista, escritora, bloguera e experta en maternidade  MIRIAN TIRADO. Consellos para criar sobre unha base de respeto, confianza, e felicidade.

A periodista escribiu entre outros, libros e contos como “Maternidad a flor de piel”, “Vinculos. Gestación parto y crianza conscientes”, “Tengo un bolcan”…..Ten tamén un canal de Youtube, onde divulga con humosr as bases da crianza consciente.

Venda das entradas na odicina do Centro Dotacional

PREZO10€

V CONCERTO DE ACORDEÓNS

Participarán:

Acordeóns do Palomar, Acordeóns Amigos de Tomiño,  Acordeóns Monte da Mina de Castrelos, Alumnos da Escola de Música de Torroso.

Grupo invitado:

Orquesta Sinfónica de Acordeones de Bilbao.

Acceso ó Auditorio con invitacción dispoñibles no propio Centro