Argonat Band

ARGONAT BAND é un sexteto musical formado por cinco acordeonistas e un batería, alumnas e alumnos da Escola de Música de Torroso (Mos).

Creado no ano 2014, comeza as súas actuacións públicas no pasado 2015.

Estamos pois diante dunha formación novedosa nas bandas de Pop e Rock a Roll. A formada, simplemente, por acordeóns e batería.

ARGONAT inclúe no seu repertorio  clásicos das grandes bandas do R&R (Led Zepellig, ACDC, Mago de Hoz) ;  do Pop (Bonnie M) e da música galega (Resentidos, Siniestro Total, Andrés do Barro) buscando a complicidade dun público de todas as idades que, como xa se poido comprobar, recoñécese nas cancións, ben porque as ten asociadas a partes da súa vida, no caso da xente maior, ou ben porque se trata de ritmos que forman parte do seu presente, o público máis xove.

Tamén na posta en escea se busca apartarse da presentación clásica dos grupos de acordeonista e sen fan chiscos a estética do R&R con vestimentas, xogos de luces e efectos especiais propios deste estilo.