A Directora

Dona Ángeles Lorenzo Estévez nace en Torroso, na primavera de 1977 e inicia os seus estudos musicais aos 6 anos, matriculándose posteriormente no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde acabará os estudios como profesora Superior de Música na especialidade de Frauta Traveseira.

angeles

 

Realizou varios cursos de perfeccionamento musical, entre os que cabe destacar, os de Pedagoxía e Psicoloxía musical, Musicoterapia, Folclore, Informática musical, Percusión, Frauta Traveseira e Dirección de Bandas con destacados profesionais: Edwin Gordon, Joan Trillo, Carlos Mariño, Vicens Prats, Fernando Raña, Pierre Dumail, , Jan cober, José Varela e Marcel Van Bree.

Formou parte de varias agrupacións musicais de estilos moi diferentes: grupos de música tradicional galega, grupos Folk, “Grupo de Cámara da Fundación Mayeusis”, Banda Sinfónica e Filarmónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo, e colaborou con outras bandas de música populares.

A finais de 2001 faise cargo da dirección da Banda de Música Xuvenil de Torroso da que formaba parte como frauta solista dende a súa fundación.

Traballou como profesora de Música en Educación Secundaria no Colexio “Hermanos Quiroga” de O Porriño e como profesora de frauta traveseira no Conservatorio Profesional de Música e Danza “Mayeusis” Vigo e Pontevedra.

A partires do año 2001 o seu labor como directora comeza a dar froitos conseguindo numerosos premios dos que cabe destacar:

  • Terceiro premio na III edición do Certame Provincial na 3ª Sección, en 2003.
  • Segundo premio na IV edición do Certame Provincial na 3ª Sección, en 2004.
  • Primeiro premio e mención de honra na V edición do Certame Provincial na 3ª Sección, en 2005.
  • Terceiro premio no “Concurso Internacional de bandas Villa de Aranda” en 2006.
  • Segundo Premio no IV Certame Autonómico na sección segunda, en 2010.
  • Segundo Premio no XI Certame Provincial na sección segunda en 2011.
  • Primeiro Premio no XII Certame Provincial na sección segunda en 2012.
  • Prermio á mellor interpretación dunha obra de temática galega no IX Certame Autonómico na sección terceira en 2015

Participou como membro do xurado no II Certame Autonómico de Bandas de música de Galicia.

Actualmente compaxina a súa labor como Directora da Banda, co seu traballo de profesora de música en Educación Secundaria e Primaria no Colexio San José de Cluny (Vigo), e como Directora académica na Escola de Música de Mos e do Conservatorio Profesional de Música de Torroso.