Archivos mensuales: septiembre 2019

Charla violencia de Xénero

Venres 20 de Setembro ás 20:00 h.  Charla Asociación Mulleres en  Igualdade de Vigo.“Violencia de Xénero, unha realidade oculta”. Sabemos realmente que é violencia de xénero, cales son os tipos, como se chega a esa situación?. Con este programa, pretendemos dar resposta a todas esas preguntas.

Comezo ensaios Rondalla

Saiban que o CRC de Torroso  quere continuar un ano máis coa RONDALLA . actuar no Certame de Rondallas do Concello de Mos e do Concello de O Porriño, Concerto de Nadal en Torroso, Cabalgata de Reis, e III Concurso de Rondallas da Xunta de Galicia. Todas as persoas interesadas deberán achegarse ao Centro Dotacional de Torroso o sábado día 28 DE SETEMBRO ás 20:00 horas.

Conferencia “Chef Juan LLorca”

juan_llorca (6)

 

Sábado 19 de Outubro ás 10:30 h. CONFERENCIA “ CHEF JUAN LLORCA”. SU ALIMENTACIÓN ES TU RESPONSABILIDAD. Chef con máis de 23 anos de profesión e apasionado da nutrición e alimentación infantil. Os ultimos sete anos está como Chef e responsable de Valencia Montessori School, primeira escola   de España con un Chef KM0, alimentación libre de procesados, refinados, azúcares,  totalmente natural e de tempada. Autor dos libros “Sin dientes y a bocados” e “En boca de todos” . O seu lema e “Por unha escola ben nutrida”.