Concerto de Santa Icía

Celebración da Santa Misa ás 18:30 horas na igrexa parroquial de San Mamede de Torroso acompañada polo Coro da Escola de Música de Mos.  Ao remate, no centro Dotacional, contaremos coa actuación da Banda de Música Xuvenil de Torroso que actuará en conxunto cos balaríns da Escola de baile Bambalina de Cabral.